Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 O control das lecturas poderá realizarse mediante a entrega dos resumos ou fichas, mediante exposición oral ou cunha parte específica dentro da proba mixta. 10
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 Os comentarios de textos que se realicen na aula ou na casa polos alumnos/as poderán ser recollidos e avaliados ao longo do curso ou ben serán incluídos como unha parte específica dentro da proba mixta. 15
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.

40
Presentación oral A2 A4 A7 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B9 C1 A/o estudante exporá na aula, durante un tempo mínimo de 15 minutos e un máximo de 25, un comentario sobre unha das obras propostas no inicio do curso.
A exposición poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. Previamente terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición.
30
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas resumo e/ou comentarios que se entregarán á profesora. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
 


SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) 
Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo.
 

ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA  
O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:
1. Proba mixta: 40%
2. Análise de fontes documentais: 30% (presentación dun comentario escrito e doutro oral)
3. Presentación oral (comentario dunha obra definida no inicio do curso): 20%

Para fixar as datas das presentacións orais o alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso. 

AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO 
Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 70 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e unha presentación (oral y escrita) puntuábel até un 30%. 

NON PRESENTADO/A 
Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.

ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico á profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes