Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 O control das lecturas poderá realizarse mediante a entrega dos resumos ou fichas, mediante exposición oral ou cunha parte específica dentro da proba mixta. 10
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 Os comentarios de textos que o alumnado realice na aula ou na casa poderán ser recollidos e avaliados ao longo do curso ou ben serán incluídos como unha parte específica dentro da proba mixta. 25
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.

40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 Traballo individual sobre unha das lecturas obrigatorias. A sua temática debe ser comunicada á profesora e na aula serán dadas as explicacións pertinentes sobre as súas dimensións e o sistema de citación que debe ser empregado. 25
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.

SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) 

Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo.
 

ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA  
O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica deberá poñerse en contacto coa profesora (laura.tato@udc.gal) para fixar os traballos que debe presentar, ademais de realizar as lecturas e a proba mixta.  

AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO 
Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta" que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía.  

NON PRESENTADO/A 
Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue os traballos marcados ou non realice a proba escrita.

OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). 

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes