Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega Contemporánea 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 Avaliarase a participación activa nas sesións prácticas dedicadas á posta en común de temas previamente plantexados pola profesora. Para poder participar axeitadamente, será imprescindíbel ter realizado as lecturas previas definidas para cada sesión.
O control das lecturas poderá realizarse mediante a entrega dos resumos ou fichas, mediante exposición oral ou cunha parte específica dentro da proba mixta.
20
Presentación oral A1 A3 A4 A15 A17 B1 C2 A/o estudante exporá na clase, durante 15-20 minutos un comentario persoal sobre a obra obxecto do seu traballo individual.
A exposición poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. Previamente terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición.
10
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 O alumnado terá que analizar en clase textos teóricos o literarios. Isto implicará un traballo previo que requerirá un esforzo na actividade non presencial.
Os comentarios de textos que o alumnado realice na aula ou na casa poderán ser recollidos e avaliados ao longo do curso ou ben serán incluídos como unha parte específica dentro da proba mixta.
20
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.

40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 A11 B9 C1 C6 Traballo individual sobre unha das lecturas obrigatoria (acordada no inicio de curso coa docente). Na aula serán dadas as explicacións pertinentes sobre as súas dimensións, características e sistema de citación que debe ser empregado.
10
 
Observacións avaliación

1.
OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1.
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.

1.2.
O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

1.3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…). No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

2.
AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

2.1.
Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar
os exercicios escritos ou orais que non fosen avaliados positivamente. A data
limite de entrega/realización será a marcada para o exame do mes de xullo.

2.2.
Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na
oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa
que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial. Así, a
parte de “Lecturas” integrarase na “Proba mixta” que pasará a equivaler ao 60% da
cualificación final.

3.
AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

Nesta
oportunidade adiantada cada estudante será avaliado/a de modo similar á segunda
oportunidade (xullo). A valoración estará composta pola “Proba mixta”(60%) e un
conxunto de actividades: “Análise de fontes documentais” (20%) e “Traballo tutelado” (10%), que deberá ir acompañado dunha "Presentación oral" (10%). A entrega dos traballos e a presentación terán
lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía.

4.
ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA

O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de
exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto coa profesora no
inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os
axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que
serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel
alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén
contactar coa docente. Para fixar as datas das presentacións orais o
alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora (carme@udc.gal) nas dúas
primeiras semanas do curso.

5.
CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A

Considerarase
como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non se presente á  "Proba mixta” e, alén diso, cuxo número
de actividades avaliadas for inferior ao 50 %.

6.
OUTRAS PRECISIÓNS

Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin,
ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente
presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En
caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as
medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da
Coruña" (artigo 14.4). No xeral, a falta de honradez académica nunha proba
conlevará a cualificación de 0 nesa convocatoria e, noutros traballos, a
reprobación da actividade concreta. 

A materia
poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de
aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar
cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados
de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo
electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes