Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Portuguesa 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Cada alumno/a realizará a lectura de unha serie de monografias, artigos ou capítulos de libro relativos aos conteúdos focados na materia e recollidas por extenso nunha listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. Destas leituras obrigatorias, un artigo ou capítulo de libro será obxecto de presentación oral e dous dos libros que figuran no punto 8 desta guía como "lecturas obrigatorias" da recensión bibliográfica.
Presentación oral Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os resultados do Traballo Tutelado realizado e as principais cuestións focadas nunha das leituras realizadas.

Os materiais utilizados nas exposicións orais (diapositivos, esquemas, etc.) serán disponibilizados para o coxunto do grupo através do Moodle. A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos contidos vehiculados deben ser tamen levados en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Proba mixta Proba escrita que poderá combinar actividades de carácter ensaístico con outras de comentario de textos.
Recensión bilbiográfica O alumnado realizará dúas "Recensións bibliográficas" individuais de dúas lecturas (en formato libro) seleccionadas entre a listaxe que figura no punto 8 deste guía como "lecturas obrigatorias". As correspondentes recensións serán disponibilizadas para o conxunto do grupo a través do Moodle.
Estudo de casos Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos contidos focados na materia.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Traballos tutelados Utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", o alumnado realizará en grupos reducidos un traballo tutelado (focado de preferencia para a pesquisa e a documentación) do cal se derivará tamén a correspondente "Presentación Oral". Tanto a composición do grupo como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes