Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Portuguesa 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Cada estudante escollerá dunha listaxe de leituras fornecida polo profesor no inicio das sesións unha leitura breve (en formato artigo ou capítulo de libro e con foco na participación da muller no campo literario portugués ou no relacionamento intersistémico galego-portugués) que será abordada de acordo coas instrucións recollidas polo docente no documento coa planificación da materia. O resultado desta abordaxe será obxecto de presentación oral e comentário no conxunto da turma.
Presentación oral Cada alumno/a deberá abordar de acordo coas instrucións do profesor e apresentar oralmente ao conxunto da turma un libro relacionado cos conteúdos da materia e escollido dunha listaxe de leituras fornecida polo docente no inicio das sesións. Os materiais utilizados na exposición oral (diapositivos, esquemas, fragmentos etc.) serán disponibilizados para o conxunto do grupo através do Campus Virtual con antecedencia suficiente.
Estudo de casos Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos conteúdos focados na materia. Aínda que serán realizados de preferência de forma autónoma polo alumnado a súa elaboración contará co acompañamento e a asesoría do profesor.
Sesión maxistral Apresentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Cada estudante realizará durante as sesións de docencia interactiva un conxunto variado de actividades (consulta de fontes documentais, análise de textos de diverso tipo, elaboración de esquemas, liñas temporais ou mapas conceituais, etc.). Tres destas actividades serán seleccionadas para avaliación.
Traballos tutelados Utilizando metodoloxías con base na “aprendizaxe colaborativa”, o alumnado realizará en grupos reducidos un traballo tutorizado focado de preferencia para a pesquisa, a documentación, a síntese e, sobre todo, a apresentación de conteúdos sobre a literatura portuguesa do século XXI. O traballo será apresentado ao conxunto da turma e contará cunha parte expositiva e outra interactiva. Os materiais utilizados nesta actividade serán disponibilizados para o conxunto do grupo através do Campus Virtual con antecedencia suficiente. Tanto a composición da equipa como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes