Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Portuguesa 2
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Presentación oral
Recensión bilbiográfica
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel polo materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada grupo reducido asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.

Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes