Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Portuguesa 2
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Presentación oral
Estudo de casos
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel pola materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do Traballo Tutorizado, das Leituras e dos Estudos de Caso.

De maneira xeral, canto ao Traballo Tutorizado, para além dos momentos habilitados durante as sesións semanais, cada equipa asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á súa apresentación.

Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.

Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro ou para calquera estudante cuxas condicións (laborais, de conciliación, de cuidados, ...) non permitan un acompañamento regular das aulas ou dos traballos propios da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes