Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Portuguesa 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A14 A18 B1 B3 B7 Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". O traballo en equipa, a corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados tanto para resolver eventuais problemas como para apresentar o traballo serán tamén obxecto de avaliación. 25
Lecturas A2 A18 A20 B1 B3 B7 C4 Será avaliada a consecución dos obxectivos fixados para esta actividade, nomeadamente a estrutura e conteúdos dos materiais achegados. Da mesma maneira, serán obxecto de avaliación a cualidade da apresentación dos conteúdos específicos e dos materiais utilizados. 10
Presentación oral B6 B7 Para alén da utilidade das presentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do conteúdo, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipa. 10
Obradoiro A2 A11 B3 B6 B7 C4 Serán tamén obxecto de avaliación o correcto cumprimento das tarefas encomendadas no decurso destas actividades, a capacidade analítica e crítica, a participación informada e coerente e, cando corresponder, a participación e o traballo en equipa. 30
Estudo de casos A2 A14 B1 C4 Será avaliada a capacidade analítica e crítica, o entendemento dos procesos focados e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para as actividades destas características. 25
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia
sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán
ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que figuran no documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado no Campus Virtual).

Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
No
xeral, a realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación de cara á
convocatoria extraordinaria.

O alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos docentes. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor através do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas ou de acompañar regularmente a
materia (por motivos laborais, de conciliación, cuidados, etc.) debe tamén
contactar co profesor coa antecedencia precisa.

O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente e, para superar a materia, realizar e superar unha proba mixta (5 valores), unha recensión bibliográfica (1 punto) e aquelas abordaxes de leituras (2 valores) e estudos de caso (2 valores) que lle foren encomendados.

Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor através do Moodle e/ou expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superaren a materia nesta segunda oportunidade deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade anterior ou aqueles outros traballos que foren agora solicitados.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non presente ningunha das actividades previstas neste guía.

A
materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción de
medidas voltadas ao apoio à diversidade
(física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos
servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos
prazos oficiais fixados con antecedencia para cada trimestre
académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de
Filoloxía(no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes