Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega: Norma e Usos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua Galega: Norma e Usos Código 613G02038
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
x.m.sanchez.rei@udc.es
Profesorado
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
x.m.sanchez.rei@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das relacións entre lingua, norma e usos no nivel oral e escrito e a súa plasmación na lingua galega, con atención a aqueles aspectos máis singulares que se producen nos diferentes planos da lingua.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se contempla alterar os contidos inicialmente previstos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Traballo tutelado -Lecturas -Proba mixta *Metodoloxías docentes que se modifican Desaparecen o obradoiro e a presentación oral. As sesións maxistrais serán leccionadas a través de Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Correo electrónico. Todos os días, segundo a dispoñibilidade e necesidades do alumnado. Utilizarase para formular pequenas consultas, programar titorías ou resolver dúbidas sobre as actividades marcadas polo profesorado. -Moodle. Todos os días, segundo a dispoñibilidade do alumnado, para desenvolver os contidos teóricos da materia. -Teams. Todos os días, segundo a dispoñibilidade do alumnado. Empregarase: (i) Para as sesións maxistrais (1 semanal para todo o grupo) na faixa horaria da materia. (ii) Para as cuestións derivadas do desenvolvemento de contidos prácticos (1 semanal para todo o grupo), igualmente na faixa horaria da materia. (iii) Para o acompañamento personalizado dos traballos tutelados e de diversas actividades (1 ou máis no horario que mellor conviñer ao alumnado). 4. Modificacións na avaliación Redúcense os elmentos avaliábeis e fican unicamente a proba mixta e o traballo tutelado, ao paso que se acrecenta o control de lecturas, que corresponde a un novo parámetro. -Proba mixta (50%). A descrición deste elemento de avaliación indéntica á que consta na guía docente. -Traballo tutelado (30%). A descrición deste elemento de avaliación é idéntica á que figura na guía docente. -Lecturas (20%). O alumno ou a alumna deberá demostrar que leu e entendeu os textos marcados como lecturas. *Observacións de avaliación: Mantéñense, no xeral, as mesmas directrices que as que figuran na guía docente. Con todo, a data de entrega do traballo tutelado poderá ser ampliada até coincidir coa data oficial do exame, aprobada no seu día pola Xunta da Facultade de Filoloxía. Para superar a materia, é necesario obter unha cualificación igual ou superior a 5. Para a realización da proba mixta, esta será enviada ao alumnado a través do correo electrónico no día e hora marcados. Xunto á proba mixta, tamén se enviará ao alumnado unha pregunta referida ás lecturas obrigatorias. O estudantado disporá até ás 14h00 do día seguinte para a súa remisión ao profesor. A segunda oportunidade de xullo estará determinada polos mesmos condicionalismos que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Mantense a relación fundamental de referencias bibliográficas marcadas na guía docente. No entanto, tamén é preciso ponderarmos algunhas alteracións: (i) As lecturas poderán ser mudadas por outras accesíbeis na rede ou expresamente dispoñibilizadas para o estudantado. (ii) As recomendacións bibliográficas para os traballos tutelados poderán tamén ser mudadas por outras publicacións dispoñibeis na rede ou en Moodle se o estudantado for incapaz de acceder ás iniciais. (iii) Se houber alumnas ou alumnos con dificultades para se conectaren, estudarase cada caso en particular de maneira a lles proporcionar, a través doutros medios, os materiais necesarios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes