Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega: Norma e Usos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A9 A10 A21 B5 Na 1.ª oportunidade (xaneiro) realizarase unha PROBA MIXTA ESCRITA en que se avaliarán os contidos e as competencias adquiridas na materia. Esta proba realizarase na data, hora e lugar establecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. 50
Presentación oral A4 B4 C1 Na PRESENTACIÓN ORAL derivada do "Traballo Tutelado" avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais), a calidade da lingua e os recursos e estratexias expositivas empregadas polo alumnado. 10
Obradoiro A1 A29 B1 B7 Nas sesións de OBRADOIRO realizaranse actividades prácticas avaliábeis derivadas das SESIÓNS MAXISTRAIS (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 10
Traballos tutelados B1 B2 B3 C7 C4 No TRABALLO TUTELADO valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 30
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS PARA A 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro):

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías avaliábeis: OBRADOIRO, TRABALLO TUTELADO, PRESENTACIÓN ORAL e PROBA MIXTA. En caso contrario, poderá recuperar parcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade (xullo), segundo as normas que se detallan na epígrafe 2.

1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade,todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.

1.3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica recoñecida deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse encontacto co profesor a través do correo electrónico.

2. CUALIFICACIÓN FINAL NA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo):

2.1. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior, excepto o "Obradoiro", cuxa cualificación -ao ser presencial- integrarase no Traballo Tutelado (que, deste xeito, equivalerá ao 40% da cualificación).

2.2. As metodoloxías que non foren aprobadas na 1.ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas nesta 2.ª oportunidade. Igual que na oportunidade anterior, para superar a materia o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías.

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP):

3.1. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir ao exame (proba mixta) e, alén disto, cando o número de actividades for inferior ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes