Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Gramática Galega
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais precisos para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Recensión bilbiográfica Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesor indicar ao longo do curso.
Traballos tutelados Cada estudante deberá realizar un traballo tutelado sobre un tema relacionado cos contidos da materia e que deberá escoller de acordo co profesor. Nel deberá verificarse o feito de conseguir información por si propio e a habilidade de interrelacionar diferentes contidos, ao paso que tamén ten de demostrar que posúe unha práctica lingüística de calidade.
Presentación oral Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, exercicios prácticos etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes