Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Gramática Galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A4 A10 A15 A21 B5 B7 C7 Constitúe unha proba con elementos diversos (prácticos e teóricos), onde serán valorizados os contidos, a clareza e rigor expositivo, ben como a calidade da lingua utilizada. Entre as preguntas haberá polo menos unha referida ás lecturas obrigatorias. 50
Recensión bilbiográfica A4 A10 A21 B1 B3 B5 B7 C7 Neste exercicio o alumno ou a alumna debe elaborar un comentario crítico dunha obra de lectura marcada polo profesor. Teranse en conta a capacidade crítica, a clareza expositiva e argumentativa e a de síntese, ben como unha práctica lingüística de calidade. 15
Traballos tutelados A1 A4 A15 A21 B1 B3 B5 B6 B7 B10 C6 C7 C8 No traballo que cada estudante ten de realizar concederase importancia ao tratamento do tema, á clareza expositiva e argumentativa, á calidade da lingua e á capacidade de chegar a conclusións propias. 25
Presentación oral A4 A15 B1 B3 B4 B7 Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorizados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
 
Observacións avaliación

Cuestións xerais:

1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 4 valores sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán cumprir unha exixencais mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión lexica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06.07.2018 e pendurado en Moodle).

3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante. Se non puider asistir ás titorías, terá de se pór en contacto co profesor a través do correo electrónico. Tamén deberán contactar con el aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co
seguimento da materia, mais que non cumpriren as condicións para obteren a
dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderán ter
condicións de avaliación equivalentes aos casos da dispensa académica.

4. Na segunda oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas percentaxes que na oportunidade anterior. Isto significa que antes da data oficial do exame teñen de ser entregues todos os traballos e actividades programadas (recensións bibliográficas e traballos tutelados). No caso da presentación oral, marcarase un día para a súa realización. De haber convocatoria adiantada, serán aplicados idénticos criterios de avaliación que nos casos anteriores.

5. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando se der algún dos seguintes supostos: a) o alumno ou a alumna non realizou a proba mixta; b) a alumna ou o alumno non entregou nin desenvolveu ningunha das actividades previstas (traballo tutelado, recensión, presentación oral); c) o alumno ou a alumna non realizou a proba mixta nin desenvolveu ningunha das actividades programadas (traballo tutelado, recensión, presentación oral).

Aviso importante: Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio e de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, inclusive pola/o mesma/o estudante. Se se producir algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e de mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes