Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Variación no Espazo Galego-Portugués
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Lingua e Variación no Espazo Galego-Portugués Código 613G02042
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
Profesorado
Ferreiro Fernandez, Manuel
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
x.m.sanchez.rei@udc.es
Web
Descrición xeral Análise teórico-práctica dos principais factores que inciden na variación lingüística, ben como dos fenómenos dialectais máis salientábeis do ámbito galego-portugués.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Sen modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen En maior ou menor medida, mantéñense todas, cos cambios derivados dunha situación de non presencialidade. *Metodoloxías docentes que se modifican –Sesión maxistral: é substituída polo envío a cada un(ha) dos estudantes por materiais a través de medios telemáticos (e-mail, moodle) e/ou por explicación directa a través de Teams. –Obradoiro: as actividades de Obradoiro pasan a se realizar por medios telemáticos (e-mail, moodle, Teams). –Lecturas obrigatorias xa previamente fixadas: mantense a lectura obrigatoria da obra indicada na guía e o seu control será realizado a través do resumo/recensión (8-10 páxinas) que será entregada (por e-mail) conforme o calendario inicial e as normas de presentación fixadas no inicio do curso. –Traballo tutelado: mantense segundo a programación inicial (estrutura, extensión, data de entrega), mais as consultas co profesor realizaranse exclusivamente a través de medios telemáticos. –Proba mixta: o exame presencial será substituído por unha proba asíncrona que será enviada por correo electrónico ao/á estudante no día anterior á data oficial do exame para realizar na súa casa. Data e hora de entrega telemática: no día oficial do exame, dúas horas depois da hora marcada para o seu inicio. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico, Moodle, Teams: cando for necesario contactarase persoal ou grupalmente cos estudantes para comunicación de instrucións, atendemento de cuestións e/ou exposición de contidos a través do envío de materiais diversos ou de explicación directa por medio de Teams. 4. Modificacións na avaliación. Observacións: Obradoiro (10%): Será valorada a actividade derivada das sesións maxistrais durante o período de docencia presencial e tamén as actividades derivadas da docencia non presencial. O seu valor redúcese do 20% ao 10%. Lecturas (15%): Avaliarase a lectura reflexiva dos materiais bibliográficos fixados no inicio do curso: capacidade de síntese, rigor e clareza expositiva, calidade lingüística da expresión. Traballo Tutelado (35%): Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. O valor pasa de 25% ao 35%. Proba mixta (40%): Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, as lecturas, a capacidade analítica de textos, a clareza e rigor expostivo, e a calidade lingüística das respostas. *Observacións de avaliación: Os catro resumos de lectura serán entregados consecutiva e telematicamente nas datas fixadas no inicio do curso. Na 1ª oportunidade a data de entrega do Traballo tutelado será a do exame oficial. A data de remisión por parte do alumnado da Proba mixta (enviada polo profesor na véspera) será a fixada oficialmente para o exame. Na 2ª oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na ocasión anterior. A Proba mixta será enviada telematicamente na véspera do día do exame e o alumnado deberá remitila ao profesor o día marcado para o exame, dúas horas despois do seu inicio. A data de entrega do Traballo tutelado é a mesma que a fixada oficialmente para a Proba mixta. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes