Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Variación no Espazo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión de traballo en que o profesor expón os principais contidos teóricos que garantan que o alumnado adquire unha base epistemolóxica adecuada sobre a fenomenoloxía da variación lingüística e os contidos teóricos fundamentais.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a realización de comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC e estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesorado.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesorado, escollido entre diversas propostas presentadas no inicio de curso sobre diferentes aspectos ou cuestións de variación lingüística.
Proba mixta Na proba mixta, cada estudante debe demostrar que ten asimilados os contidos a través dun exercicio que, entre outras posibilidades, combinará preguntas (longas e/ou breves) de carácter ensaístico con probas de comentario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes