Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Variación no Espazo Galego-Portugués
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión de traballo en que o profesor expón os principais contidos teóricos que garantan que o alumnado adquire unha base epistemolóxica adecuada sobre a fenomenoloxía da variación lingüística e os contidos teóricos fundamentais.
Obradoiro Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a realización de comentarios de textos, as prácticas a través de TIC ou estudos de casos.
Lecturas Cada estudante deberá obrigatoriamente ler durante o curso unha serie de textos, os cales serán seleccionados polo profesor. Nas aulas contémplanse diversas actividades relacionadas con estas lecturas: elaboración de fichas, debates, exposición dos contidos, etc. Algunha delas pode entrar na proba mixta.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escollido entre diversas propostas presentadas no inicio de curso sobre diferentes aspectos ou cuestións de variación lingüística.
Proba mixta Na proba mixta, cada estudante debe demostrar que ten asimilados os contidos a través dun exercicio que, entre outras posibilidades, combinará preguntas (longas e/ou breves) de carácter ensaístico con probas de comentario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes