Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Poesía en Lingua Galega e Portuguesa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que a profesora explica a contextualización e os elementos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Lecturas O profesorado estabelecerá un conxunto de lecturas para cada un dos temas. Comprenderán obras historiográficas, críticas e de creación (antoloxías e obras de autoría individual).
Seminario Serán organizadas sesións en que o alumnado, con orientación e supervisión do profesorado, presentará a súa análise dunha parte dos contidos e dos materiais da materia, previamente traballados de maneira autónoma.
Traballos tutelados Cada estudante deberá desenvolver un traballo tutelado sobre algún dos aspectos do temario. Contará coa orientación inicial e o acompañamento continuado por parte do profesorado.
Proba mixta Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e que combinará exercicios de carácter ensaístico con análise de fontes documentais e comentario de textos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes