Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Poesía en Lingua Galega e Portuguesa
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
O profesorado estará dispoñible para atender de maneira personalizada todo o alumnado da materia, a través dos medios dispoñibles: correo electrónico, plataforma Teams e atención presencial. A atención personalizada será imprescindible para o desenvolvemento do traballo tutelado e dalgunha das sesións de seminario.

A atención personalizada, a través dos medios dispoñibles, será especialmente relevante e necesaria no caso do alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica.

A cadeira poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes