Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Poesía en Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A9 A10 A11 A15 Valoración do traballo de análise e comentario dos textos e paratextos traballados durante o curso. 15
Lecturas A7 A17 A18 B3 B6 B7 Terán de realizarse con aproveitamento as lecturas obrigatorias que se irán fornecendo, así como o poemario escollido por cada un dos estudantes. 15
Obradoiro A1 A2 A11 A14 A15 A19 A20 B1 B3 B4 B7 B10 C6 C1 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 10
Proba mixta A1 A2 A9 A11 A14 A15 A17 A18 B7 C1 Proba escrita baseada fundamentalmente nas actividades de análise e comentario de textos, combinadas con outras de carácter ensaístico. Como no caso dos traballos tutelados, serán valoradas a expresión e o rigor expositivo. 40
Traballos tutelados A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 Valorarase fundamentalmente a profundidade analítica e o rigor da pesquisa, así como a correcta organización do traballo, a clareza expositiva e a calidade da expresión. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. 

Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións etc.). No caso de que se produzan deficiencias deste tipo, estas serán penalizadas na cualificación.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitaren e obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto co profesorado para fixar os traballos que deberán entregar.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos que foren solicitados e superar as probas marcadas polo profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes