Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Poetry in Galician and Portuguese
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis A1 A9 A10 A11 A15 Valoración do traballo de análise e comentario dos textos e paratextos traballados durante o curso. 20
Workbook A7 A17 A18 B3 B6 B7 Terán de realizarse con aproveitamento as lecturas obrigatorias que se irán fornecendo, así como o poemario escollido por cada un/unha dos/das estudantes, sobre o cal realizarán unha ficha de lectura. 10
Mixed objective/subjective test A1 A2 A9 A11 A14 A15 A17 A18 B7 C1 Proba escrita baseada fundamentalmente nas actividades de análise e comentario de textos, combinadas con outras de carácter ensaístico. Como no caso dos traballos tutelados, serán valoradas a expresión e o rigor expositivo. 50
Supervised projects A1 A2 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 Valorarase fundamentalmente a profundidade analítica e o rigor da pesquisa, así como a correcta organización do traballo, a clareza expositiva e a calidade da expresión. 20
 
Assessment comments

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. 

Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións etc.). No caso de se produciren deficiencias deste tipo, estas serán penalizadas na cualificación.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coa profesora para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán pórse en contacto coa profesora aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes á dispensa académica. 

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos solicitados pola profesora (ficha da obra de lectura obrigada [20%] e traballo tutelado [30%]) e superar a proba mixta [50%]. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes