Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Comparada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A4 A5 A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación 40
Proba mixta A8 A9 A27 B4 B9 B12 C1 Valorarase o grao de coñecemento da materia que se amose na elaboración de respostas á cuestións teóricas e na boa resolución de cuestións prácticas. Será avaliado igualmente o grao de corrección lingüística do estudante. 50
Presentación oral B13 C1 C3 Habilidade comunicativa e destreza no dominio da lingua oral durante a exposición do proxecto de investigación 10
 
Observacións avaliación

1) Na aula especificarase os pormenores da realización do proxecto de investigación. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) axustarase ao número de alumnos na materia. 

2) Na primeira oportunidade realizarase unha proba mixta ou exame teórico (a finais do cuadrimestre correspondente), cuxa cualificación se sumará á do traballo práctico. Para obter esa nota total, farase a a media entre teoría e práctica, sempre que na parte teórica a nota non sexa inferior a 4, de acordo coas directrices de avaliación da Facultade de Filoloxía.

Será considerado NP o estudante que non se presente a esta proba mixta.

3) Na segunda oportunidade, a proba mixta será máis extensa e constará dunha parte teórica e outra práctica. 

4) En calquera das oportunidades da convocatoria única, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 para aprobar a asignatura.  

5) Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00. O docente conta coa aplicación de detección de plaxios que pon á súa disposición a UDC.

6) As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. 

7) Os alumnos pendentes só desta materia para graduarse e que se presenten á convocatoria adiantada (en decembro) deberán axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo). Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes