Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Comparada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 B6 B7 B9 C5 A idoneidade, coherencia e valor académico do traballo proposto serán tidos en conta na súa cualificación 80
Presentación oral A4 A7 A9 B4 C1 C3 Habilidade comunicativa e destreza no dominio da lingua oral durante a exposición do proxecto de investigación na aula ou, no seu caso, na explicación oral da segunda oportunidade. 20
 
Observacións avaliación

Na aula, ao comezo do curso, especificarase os pormenores da realización do traballo tutelado. A presentación oral dese traballo (duración e ferramentas empregadas) realizarase nos últimos días do curso. Os plaxios serán detectados coa aplicación informática que a UDC pon a disposición dos docentes e os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00.

A proba da primeira oportunidade consistirá na entrega dese traballo tutelado, axeitadamente deseñado e impreso. Será considerado NP o alumno que non o entregue.

Na segunda oportunidade, a proba consistirá na entrega dese traballo tutelado.

O estudiante que se presente á convocatoria adiantada (en decembro) deberá axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo).

Os traballos deben expoñerse e redactarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (artículo 14).

Ao alumnado repetidor, se lle
facilitará a realización de actividades. 

O alumnado con exención de asistencia,
por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co
 docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa
docencia. creto. Programaranse titorías presenciais e non presencias para
cursar satisfactoriamente a materia.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes