Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguas e Tecnoloxías
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 B1 B2 C7 C8 O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. 70
Obradoiro A11 B1 B2 B3 B6 B7 C3 Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. 7.5
Prácticas a través de TIC A11 A15 B1 B2 B9 C5 C4 O estudante practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e dicionarios electrónicos dispoñibles na web. 7.5
Proba mixta A3 A14 B1 B3 B6 B7 Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta múltiple. 15
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

1.     O plaxio total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2.      A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 70% obterase polos traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula.

2.2) Un 15% obterase da realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa.

2.3) Un 15% responderá a PROBA MIXTA  que os estudantes realizarán ao remataren a materia e na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. 

Moi importante: Este reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidad e participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan licenza especial que xustifique a falta de asistencia recibirán un 30% da súa nota final pola PROBA MIXTA e un 70% pola realización dos traballos tutelados.

 3.     CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. De suspender a materia en xaneiro por non acadar 5 puntos, o alumno deberá realizar as actividades sustitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade, así como a proba mixta final de xullo. Estas actividades sustitutivas serán anunciadas no momento de comunicar a nota de 1ª oportunidade. A porcentaxe da proba final na 2ª oportunidade será de 30% e a dos traballos un 70%.

Cualificación de NP. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas (xaneiro ou xullo) e que, ademais, (b) entreguen unha porcentaxe igual ou inferior ao 50% das actividades avaliables.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes