Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguas e Tecnoloxías
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 B1 B2 C7 C8 O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. 70
Obradoiro A11 B1 B2 B3 B6 B7 C3 Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. 7.5
Prácticas a través de TIC A11 A15 B1 B2 B9 C4 C5 O estudante practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e dicionarios electrónicos dispoñibles na web. 7.5
Proba mixta A3 A14 B1 B3 B6 B7 Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta múltiple. 15
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

1.     O plaxio total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2.      A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 70% obterase polos traballos tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se fixarán na aula.

2.2) Un 15% obterase da realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na aula, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa.

2.3) Un 15% responderá a PROBA MIXTA  que os estudantes realizarán ao remataren a materia e na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. 

Moi importante: Este reparto porcentual só é válido para as persoas que asisten con regularidade e participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan dispensa académica ou que xustifiquen a falta de asistencia recibirán un 30% da súa nota final pola PROBA MIXTA e un 70% pola realización dos traballos tutelados.

 3.     CONSIDERACIÓNS IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. De suspender a materia en xaneiro por non acadar 5 puntos, o alumno deberá realizar as actividades sustitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade, así como a proba mixta final de xullo. Os
profesores farán público en xuño qué actividades fará cada alumno, así como
unha serie de instrucións: o prazo de entrega remata coa celebración da proba
mixta de xullo (2ª oportunidade). A porcentaxe da proba final na 2ª oportunidade será de 30% e a dos traballos un 70%. As mesmas actividades sustitutivas realizaranse tamén no caso da convocatoria adiantada de decembro para alumnado de finalización de estudos.

Cualificación de NP. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas (xaneiro ou xullo) e que, ademais, (b) entreguen unha porcentaxe igual ou inferior ao 50% das actividades avaliables.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes