Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa Código 613G02046
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
Samartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución ao ensaio na literatura galega actual, así como á narrativa nas literaturas de lingua galega e portuguesa da segunda metade do século XX e no século XXI, cunha atención particularizada e mais extensa ao estudo de diferentes prácticas narrativas desenvolvidas na literatura brasileira contemporánea, completada cunha aproximación ao ensaio no mesmo período de este último sistema literario.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán modificacións 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral – Traballos tutorizados (con atención personalizada) (computa na avaliación) – Obradoiros (computa na avaliación) – Lecturas (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican – A Proba Mixta non se realizará, sendo substituída por “estudo de casos”. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. A demanda do alumnado. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutorizados – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Haberá encontros regulares, con base na planificación inicial da materia, para o atendemento do alumnado, o acompañamento dos traballos, así como para pór en praática o desenvolvemento dos contidos teóricos da materia. No Moodle serán disponibilizados, explicados e atribuídos todos os elementos relacionados cos “estudos de caso” sustitutivos da proba mixta, así como o "aggiornamento" necesario (máis de pormenor) de calqueira outro aspecto do desenvolvemento da materia. – Teams: Unha sesión semanal para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutorizados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. As sesións "ad hoc" necesarias para o seguimento e apoio na realización do “estudo de casos”. 4. Modificacións na avaliación – Traballos tutorizados (30%): En relación cos traballos tutorizados serán obxecto de avaliación o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional, así como a elaboraciónn de reflexións críticas e a profundidade dos contidos expostos. – Lecturas (10%): En relación coas lecturas serán obxecto de avaliación a adecuación dos resumos das mesmas, así como a pertinencia das reflexións persoais sobre elas, no contexto dos coñecementos adquiridos e dos contidos desenvolvidos que lles digan respecto. – Obradoiros (20%): En relación cos obradoiros serán obxecto de avaliaciónn a capacidade analítica dos temas abordados, a cualidade da exposición oral e/ou escrita e a adecuación aos contidos e aos obxectivos propostos derivados das previas lecturas atribuídas. – Estudo de casos (40%): En relación co estudo de casos será obxecto de avaliación tanto a precisión expresiva e dos contidos, como a adecuación ás competencias xerais da materia dos comentarios, análises e reflexións realizados. *Observacións de avaliación: – Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 valores sobre 10. – O alumnado terá de entregar os traballos e actividades nos PRAZOS fixados. Todas as actividades realizadas por escrito deberán cumprir unhas exixencias mínimas de CORRECCIÓN LINGUÍSTICA. No caso de deficiencias linguístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo os criterios que constan no documento "Exixencias mínimas de corrección linguística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). – Na OPORTUNIDADE DE XULLO serán aplicados, no seu caso, as mesmas metodoloxías e os mesmos criterios de avaliación que figuran para o caso de continxencia. Todas as actividades previstas serán entregues de acordo cos procedementos e os prazos indicados oportunamente polo profesorado. – O alumnado con MATRÍCULA PARCIAL E/OU DISPENSA ACADÉMICA deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ao atendemento, deberá porse en contacto co profesorado através do correo electrónico coa suficiente antecedencia. – O sistema de avaliación na CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO consistirá nunha proba mixta ou estudos de caso equivalentes (50%) e nun traballo tutorizado (50%). O alumnado interesado en concorrer a esta convocatoria deberá contactar o profesorado coa suficiente antecedencia. – A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non tiver entregado ningunha das actividades contempladas no apartado de “avaliación” para o caso dunha posíbel situación de continxencia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía – Realizaránse os axustes necesarios para que o estudantado, na medida do posíbel, poida dispor de todos os materiais de traballo precisos en formato dixital en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes