Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica todos os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das competencias, destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos de diverso tipo, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas Cada alumno/a deberá realizar, ao longo do curso, a leitura analítica dos libros relacionados no Paso 8 deste Guía como "Libros de leitura obrigatoria", así como dos textos breves de diversa tipoloxía (artigos, capítulos de libro, gráficas, audiovisuais, ...) fornecidos ou indicados polo(s) profesor(es) no inicio das sesións.
Uma das leituras de un dos textos breves analisados será obxecto de apresentación oral.
Traballos tutelados Cada aluno/a realizará un traballo tutelado elaborado utilizandando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa". Fai parte do trabalho tutelado a correspondente Presentación Oral de procedementos e resultados.
Este traballo consiste nunha actividade individual ou, de preferencia, en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo e/ou relacional de materiais de diferente tipoloxía vinculados cos obxectivos da materia de acordo cos parámetros e os modelos fornecidos polo profesorado na sala de aulas.
O procedemento para a realización deste traballo consiste en:
- selección dos materiais para a súa análise de acordo cos parámetros teóricos, procedimentais e metodolóxicos fornecidos polo docente en sala de aulas,
- elaboración dunha memoria da actividade,
- acompañamento periódico por parte do(s) docente(s) dos labores relacionados coa actividade, quer na sala de aulas, quer no atendemento personalizado,
- preparación de materiais para a presentación de resultados,
- exposición na sala de aulas, e
- disponibilización para o conxunto do alumnado a través da plataforma moodle.
Presentación oral Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do Traballo Tutelado realizado e da leitura do texto breve seleccionado co(s) profesor(es) na sala de aulas. Durante esas dúas apresentacións orais, o alumnado deberá utilizar os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o curso.
Recensión bilbiográfica Cada alumno/a realizará a recensión bibliográfica de un dos libros de leitura obrigatoria que figuran como tal no paso 8 deste guía. O libro obxecto de recensión será seleccionado de acordo co(s) profesor(es) da materia.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes textuais e documentais de diversa tipoloxía.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes