Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Narrative and Essays in Galician and Portuguese
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Sesións de traballo en que o profesorado explica todos os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Workshop Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais e das lecturas realizadas, así como das competencias, destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos de diverso tipo, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Workbook O profesorado proporá a realización de diferentes lecturas ao longo do curso, de diferente tipoloxía. As lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos, e outros textos breves, teñen o obxectivo de complementar as sesións maxistrais, fomentar a reflexión crítica, o proceso de autoaprendizaxe e a aprendizaxe colaborativa. O profesorado fornecerá unha lista de obras ensaísticas e de ficción, da cal cada estudante deberá seleccionar dúas para o seu estudo monográfico.
Supervised projects Cada alumno/a realizará un traballo tutelado elaborado utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa". Fai parte do traballo tutelado a correspondente presentación oral de procedementos e resultados.
Este traballo consiste nunha actividade individual ou en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo e/ou relacional de materiais de diferente tipoloxía, vinculados de preferencia á lectura dalgunha das obras propostas.
Mixed objective/subjective test Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes textuais e documentais de diversa tipoloxía.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes