Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A11 A15 B5 Será avaliada a recensión de un dos libros de leitura obrigatoria.
Nesta recensión bibliográfica será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo.
5
Obradoiro A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. 20
Lecturas A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 O control das lecturas dos libros de leitura obrigatoria non recensionados polo estudante será realizado en sesións específicas na sala de aulas. O control das leituras breves realizadas será realizado nas sesións correspondentes aos obradoiros.
En ambos os casos será avaliada a capacidade de compreensión e síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia.
5
Traballos tutelados A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria, avaliándose a súa precisión e o seu axeitamento aos contidos e ás competencias previamente formulados. 15
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 40
Presentación oral A11 A15 B7 C2 Son obxecto de avaliación a apresentación oral do traballo tutelado e da leitura analítica do texto breve seleccionado de acordo co profesorado da materia.
Para alén da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo.
15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes