Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía, incluídas as lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos e outros textos breves, e de algunhas das obras ensaísticas e de ficción. Será proposta a realización de presentacións, debates, comentarios de textos e outro tipo de actividades. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. 30
Traballos tutelados A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 Traballo en que ao alumnado, individualmente ou en grupo, estuda de maneira monográfica algún aspecto do temario, de preferencia relacionado cunha ou con varias das lecturas de obras ensaísticas ou de ficción. Contará co apoio e supervisión do profesorado, durante as aulas e en sesións específicas. Serán avaliados o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional e a elaboración de reflexións críticas. 30
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

Todas as actividades orais e escritas, o traballo tutelado e a proba mixta deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística. No caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Na segunda oportunidade serán aplicados as mesmas metodoloxías e os mesmos criterios de avaliación que na oportunidade anterior. A proba mixta será realizada na data marcada pola Facultade de Filoloxía. Ese mesmo día será o último para a entrega do traballo tutelado, no caso de non ter sido entregado na oportunidade anterior.

O sistema de avaliación na convocatoria adiantada de decembro consistirá nunha proba mixta (50%) e nun traballo tutelado (50%). O alumnado interesado en concorrer a esta convocatoria deberá contactar o profesorado coa suficiente antelación.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes