Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A14 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C2 C4 Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía, incluídas as lecturas de artigos teóricos e metodolóxicos e outros textos breves, e de algunhas das obras ensaísticas e de ficción. Será proposta a realización de presentacións, debates, comentarios de textos e outro tipo de actividades. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 20
Lecturas A2 A4 A8 A10 A11 A15 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B6 B7 O control das lecturas dos libros de lectura obrigatoria será realizado a través da entrega de fichas de lectura e/ou en sesións específicas na sala de aulas. O control das lecturas breves realizadas terá lugar nas sesións correspondentes aos obradoiros.
En ambos os casos será avaliada a capacidade de comprensión e síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da lectura, en relación cos contidos focados e as competencias previstas na materia.
15
Traballos tutelados A2 A3 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 B1 B3 B5 B9 Traballo en que o alumnado, individualmente ou en grupo, estuda de maneira monográfica algún aspecto do temario. Contará co apoio e supervisión do profesorado, durante as aulas e en sesións específicas. Serán avaliados o rigor teórico e formal, a capacidade analítica e relacional e a elaboración de reflexións críticas. 25
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C4 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto o rigor expositivo como a precisión e calidade expresiva na exposición dos contidos. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir
unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes
elementos avaliábeis. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

O alumnado terá de entregar os traballos e actividades
solicitados no prazo fixado. Asemade, todas as actividades ou
probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento
"Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección
de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas
"Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña"
(artigo 14.4).

As persoas matriculadas a tempo
parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto co
profesorado para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán
pórse en contacto co profesorado aquelas persoas cuxo horario laboral
for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as
condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes
comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes aos da
dispensa académica. 

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberase contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); ou, alternativamente, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

As persoas que non superaren a
materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía
para a segunda oportunidade, os traballos solicitados polo profesorado [50%] e
superar a proba mixta [50%]. Estas mesmas condicións serán aplicadas na
convocatoria adiantada de decembro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes