Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Teatro en Lingua Galega e Portuguesa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras teatrais que o/a alumno/a debe ler ao longo do cuadrimestre. Alén destas, o docente fornecerá artigos e estudos especializados sobre os contidos tratados na materia.
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirá a un evento específico escollido entre os propostos polo docente nas primeiras sesións, ora unha representación teatral, ora unha palestra sobre teatro en lingua galega ou portuguesa.
Discusión dirixida Através do espazo de traballo colaborativo en liña o alumnado participará nunha discusión dirixida polo profesor sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións coa lectura de artigos especializados.
Tamén se realizarán discusións dirixidas presenciais após as presentacións orais individuais. A totalidade do grupo participará no diálogo posterior ás mesmas, demostrando a asimilación das lecturas por medio de comentarios retroalimentadores.
Presentación oral Exposicións orais individuais, na aula, en que se exporá a análise e comentario dun texto dramático en función das pautas fornecidas polo docente e os contidos tratados nas sesións. Cada estudante deberá realizar dúas exposicións de textos diferentes.
En función do número total de alumnado da materia, a segunda presentación poderá realizarse asincronamente, subíndoa ao espazo virtual da materia. Neste caso, a discusión dirixida posterior terá lugar por escrito.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver os traballos prácticos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes