Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Teatro en Lingua Galega e Portuguesa
   Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Lecturas
Presentación oral
Eventos científicos e/ou divulgativos
Discusión dirixida
Descrición
Os/as alumnos/as contarán con axuda personalizada para a preparación das súas presentacións orais e para solventar as dificultades levantadas polas lecturas, a participación na discusión dirixida e as exposicións maxistrais.
Nas primeiras aulas acordaranse as datas e horas das sesións telemáticas conxuntas destas titorías, cuxo acompañamento por parte do estudantado forma parte da planificación da cadeira.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes