Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Teatro en Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A14 B1 B6 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico (desenvolvemento de temas ou comentarios) e de análise de fontes, destinada a avaliar a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles contidos teóricos expostos polo profesorado nas sesións presencias, así como a asimilación crítica das lecturas propostas. 40
Lecturas A2 A17 A18 A19 A20 C3 O control das lecturas será realizado a traves de discusións dirixidas na aula. 30
Proba oral A1 A10 A17 A20 B5 B7 C3 Esta proba, realizada na aula, servirá para o alumnado expor individualmente a súa análise e comentario dunha posta en escena ou dramaturxia contemporáneas. 10
Obradoiro A1 A2 A10 A17 A18 A19 A20 B6 B7 C3 No desenvolvemento dos traballos nos obradoiros o docente irá realizando a avaliación continua. Ademais, o alumnado deberá realizar a análise dunha dramaturxia ou encenación acordada co profesorado, que será presentada na proba oral. 20
 
Observacións avaliación

Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico para fixar as condicións da súa avaliación. 

Será considerado/a NON PRESENTADO/A o alumno ou alumna que non se presente
á proba escrita ou que non realice a proba oral.

Na segunda oportunidade haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira.

Os/as alumnos/as que se vaian matricular na convocatoria adiantada de decembro deberan porse en contacto co profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes