Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Teatro en Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A17 A18 A19 A20 C3 O control das lecturas será realizado a traves de discusións dirixidas na aula posteriores ás presentacións orais individuais. 25
Proba oral A1 A10 A17 A20 B5 B7 C3 Esta proba, realizada na aula, servirá para o alumnado expor individualmente a súa análise e comentario dunha das lecturas obrigatorias.
A seguir de cada presentación realizarase un diálogo cos/coas compañeiros/as.
25
Obradoiro A1 A2 A10 A14 A17 A18 A19 A20 B1 B6 B7 C3 O alumnado deberá realizar a análise grupal de dramaturxias e encenacións contemporáneas acordadas co profesor. 50
 
Observacións avaliación

Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico para fixar as condicións da súa avaliación. 

Para superar a materia será requisito indispensábel a realización da proba oral e a participación no obradoiro. Quen non realizar ambos os exercicios será considerado/a NON PRESENTADO/A.

Na segunda oportunidade haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira.

Os/as alumnos/as que se matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberan contactar co profesor antes de concluír o mes de novembro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes