Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Teatro en Lingua Galega e Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A2 A17 A18 A19 A20 O control das lecturas será realizado por medio da participación na aula nos diálogos posteriores ás presentacións orais individuais, ben como a través da presentación de informes de lecturas de artigos especializados achegados polo docente. 30
Presentación oral A11 A2 B1 B6 B7 En grupos de dúas persoas, deberán realizarse un mínimo de dúas presentacións de monumentos dramáticos escritos en lingua galega ou portuguesa.
Avaliarase a capacidade de focar os aspectos centrais da obra e a súa singularidade, así como de a pór en relación coas temáticas e correntes comentadas nas sesións expositivas. Tamén se ponderará a escolla e comentario oral dun fragmento da mesma.
30
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A11 B8 O alumnado deberá asistir ora a un espectáculo teatral programado na contorna, ora a unha palestra especializada sobre teatro en lingua galega e portuguesa. Posteriormente, deberá realizar un informe -oral ou escrito- sobre o mesmo.
O docente comunicará nas primeiras sesións presenciais a natureza e lugar de celebración do evento e, se for preciso, presentará alternativas para o alumnado que non puider asistir ao inicialmente programado.
10
Discusión dirixida A11 A14 B1 B5 B7 O estudantado participará -nun contexto formal e coas claves da redacción académica- nun foro de discusión asíncrona aberto no Moodle en que o docente proporá unhas liñas temáticas ou preguntas sobre un dos contidos da materia. Para unha correcta participación será preciso realizar unhas lecturas previas sinaladas desde a primeira sesión.
Serán avaliados tanto a interiorización das lecturas e a capacidade de identificar os aspectos máis relevantes, como o diálogo estabelecido co resto de integrantes da turma (para o que será preciso unha lectura demorada dos seus comentarios).
30
 
Observacións avaliación

As persoas con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán porse en contacto co docente en horario de titorías ou a través do correo electrónico para coñecer a maneira de acompañar o curso através das ferramentas de comunicación asíncrona estabelecidas ao efecto.

Para superar a materia será requisito indispensábel a realización das presentacións orais e a participación na discusión dirixida. Quen non realizar ambos os exercicios será considerado/a NON PRESENTADA/O.

Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada de decembro haberá que realizar os mesmos traballos e probas que na primeira e o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación.

As persoas que se matricularen na convocatoria adiantada de decembro deberán contactar co profesor antes de o mes de novembro concluír.

Salvagardando en todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos, os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes