Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lecturas de Literatura Española e Hispanoamericana
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A7 A11 A15 B1 B5 Realización de exercicios encamiñados a adquisicón dun dominio excelente dos textos literarios dende o punto da creación e da crítica literaria, histórica e estética.

Os exercicios poden ser individuais e colectivos e realizaránse dentro da aula, ou fora dela se fora pertinente.
60
Proba mixta A1 A2 A5 A7 A11 A15 Resolución de problemas plantexados en exercicios prácticos. 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, os alumnos deben conseguir unha cualificación mínima de cinco (5) en casa una das metodoloxías avaliables: proba mixta e taller neste caso. Os alumnos que non sexan avaliados positivamente na primeira convocatoria, deberán facer unha nova proba mixta, ademais dun traballo individualizado, se o alumno suspendese o taller, dependendo en cada caso das competencias que deba incrementar para chegar á cualificación mínima indicada.

Os alumnos con dispensa académica deberán informar da súa condición ao profesor ao comezo do curso e esa dispensa terase en conta. O profesor deseñará un sistema de avaliación que, ademais doutras actividades, como prácticas textuais e bibliográficas, incluirá unha proba mixta especialmente formulada para un alumno que non participase nas sesións do taller. A avaliación será simétrica na primeira e a segunda oportunidade.

A primeira convocatoria avaliarase cunha proba mixta na que se poderá incluír unha práctica de comentario. 

Cualificarase con «non presentado» aos alumnos que non entreguen as prácticas do obradoiro e/ou non se presenten á proba mixta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes