Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lecturas de Literatura Española e Hispanoamericana
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A7 A11 A15 B1 B5 Realización de exercicios de observación, contextualización e explicación dunha selección de textos literarios hispanos, atendendo aos diferentes xéneros. Estes exercicios terán un carácter esencialmente práctico e se farán de xeito, individual, colectivo, preferentemente na aula. 70
Proba mixta A1 A2 A5 A7 A11 A15 Realización dun comentario de texto literario relacionado cos contidos estudados na aula 30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, os alumnos deben conseguir unha media de cinco (5) entre as dúas metodoloxías avaliables: proba mixta e obradoiro.

Na Segunda oportunidade, conservarase a cualificación positiva, se a houber, e o alumnado repetirá o exercicio da proba mixta.

Os alumnos con dispensa académica deberán informar da súa condición ao profesor ao comezo do curso e deberán presentar un traballo individual, seguindo as indicacións da profesora, alén de presentarse á proba mixta.

Cualificarase con Non presentado o alumnado que non se presente á Proba Mixta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes