Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A1 B1 Considéranse actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercicios en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 30
Proba oral A1 A10 B5 B7 Avaliaranse os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. 30
Proba mixta B1 B2 B6 C3 Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. 40
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación: na

primeira oportunidade, o alumnado ten que cumprir as seguintes condicións:

aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral e entregar as actividades

propostas na avaliación cunha nota mínima dun 5. Non se terán en conta as

actividades entregadas fóra de prazo. No caso de non aprobar o conxunto da

probas oral e escrita a nota final será un 4. A proba oral terá lugar nas últimas

aulas do mes de decembro.

Considerarase como Non Presentado

aquel alumno ou alumna que non se presenten ás Probas mixta e oral. Os

exercicios terán que entregarse semanalmente.

Os traballos presentados polo

alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección

do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras

universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha

destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas

de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e

mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.)

penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión

e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario"

artigo 14).

Na segunda oportunidade se a/o

estudante aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as

actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até 2 semanas antes do

exame. Non se aceptarán exercicios fora deste prazo. A proba oral se realizará

o mesmo día do exame. Se os/as alumnos/as non aprobaron o conxunto das probas

mixta e oral terán que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas

o suspensas as demais actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso

darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da

avaliación.

O alumnado con dispensa académica

de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para

recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua

ao longo de todo o curso. Terán que examinarse nas datas oficiais como o resto

dos alumnos e entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a convir

coa profesora.

No caso de ter alumnos/as na

convocatoria de decembro, o alumnado terá que superar as mesmas probas da

convocatoria de xaneiro coa mesma porcentaxe.

A materia

poderá ser adaptada aos/ás estudantes que precisaren da adopción de

medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva,

cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o

caso, os/as alumnos/as deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC

/ no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada

cuadrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); ou, no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes