Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Linguaxe. Discurso e Comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A3 B3 C6 Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións xerais de exposición, e á formulación de preguntas específicas sobre a temática, preparada de antemán polo estudantado. 10
Traballos tutelados A1 A3 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B6 B7 B8 B9 C6 Reférese á avaliación de actividades avaliábeis que podan requerir a axuda do profesor. Todas as actividades deberán ser entregadas en formato electrónico cando así se indique. O profesor poderá decidir, no seu momento, se unha actividade non entregada en formato electrónico non será válida e/ou cualificada, ou o seu peso cuantitativo na avaliación. Todas as actividades deberán ser de elaboración propia e orixinal. A copia ou plaxio determinará que a actividade se considere non válida e polo tanto cualificábel com o valor de 0. 20
Proba mixta A1 A3 B1 C6 Reférese á nota obtida na proba final obrigatoria. 40
Obradoiro A1 A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 C6 Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións interactivas, e á participación activa nelas. 15
Lecturas A1 A3 B1 Reférese ao seguimento do traballo de lectura, como se mostra nas actividades interactivas das aulas. Poderá incluir a elaboración dun informe detallado dunha lectura asignada. A actividade deberá ser entregada obrigatoriamente tamén en formato electrónico. 15
 
Observacións avaliación

1) A asistencia ás sesións presenciais de calquer tipo é obrigatoria e avaliábel.

2) A participación activa compútase dentro do apartado da asistencia.

3) Haberá duas oportunidades de avaliación. Na primeira oportunidade, as actividades entregadas fora de prazo poderán non ser aceptadas (isto é, avaliábeis con 0), e entrarán, no seu caso, no cómputo da segunda oportunidade.

4) Para o cálculo da nota final (e portanto para o curso poder ser completado e superado), a/o estudante deberá obter polo menos unha nota de 4 na proba final.

5) Para ter superada a materia (en primeira ou segunda oportunidade) deberá obterse unha nota de 5 globalmente.

6) Na segunda oportunidade de xullo, no período estabelecido pola UDC, poderá recuperarse o exame (non efectuado, ou suspenso) e/ou o capítulo das actividades ("traballos tutelados" e/ou actividades referidas a "Lecturas"). O profesorado indicará no seu momento as actividades substitutivas de recuperación que deberán ser realizadas.

7) Dado o carácter mixto e compreensivo da avaliación (asistencia, actividades e proba final), consideraráse "Non presentado": a) non asistir á proba final en nengunha das oportunidades; E, simultáneamente, b) non ter entregado actividades por polo menos a metade da percentaxe asignada ao apartado de actividades ("traballos tutelados"). En sentido contrario, a entrega de actividades avaliábeis cuxo peso supere a metade da percentaxe do apartado (por exemplo, 2 actividades sobre 3) determinará automáticamente a asignación dunha nota final, a pesar da inasistencia á(s) proba(s).

8) O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica deberá porse en contacto co profesor no comezo de curso. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes