Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Introdución aos Estudos Literarios
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A7 A11 A14 A15 B5 B6 B7 B10 C1 Cualificación na proba ou exame.
50
Obradoiro A1 A2 A7 A11 A14 B3 C5 C6 Na aula de prácticas se avaliará o proceso de traballo individual e en equipo 10
Presentación oral A1 A2 A5 A9 A15 B2 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C4 C6 Terase en conta na súa avaliación o coñecemento da materia que o alumno demostre, así como a súa habilidade comunicativa e dominio da lingua oral na exposición na aula. 10
Sesión maxistral A1 A2 A3 B3 B5 C4 C1 A participación do estudante na aula da sesión maxistral será considerada como parte da avaliación do curso 5
Lecturas A5 A14 B1 C7 Avaliarase o traballo de lectura realizado polo alumno 10
Recensión bilbiográfica A1 A2 A7 B7 C1 Avaliación da resposta do alumno no referente ao seguimento da orientación exposta na aula pola profesora ou profesor,para a realización de recensións, fichas ou comentarios de lecturas 15
 
Observacións avaliación
Na 1º oportunidade da convocatoria única (ao final do cuadrimestre correspondente), realizarase unha proba mixta, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos realizados durante o curso. O calendario para a realización dos traballos prácticos será comunicado ao inicio do curso. Os alumnos que non superen entón a materia e pasen á 2º oportunidade da convocatoria única, realizarán en xullo un exame máis extenso, que constará dunha parte teórica e outra práctica. A cualificación do exame será a nota obtida finalmente na materia. En calquera das convocatorias, o alumno deberá obter unha nota mínima de 5 para aprobar a asignatura, tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía. Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cun 0,00. As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o docente baixará a nota  por erros de acentuación, ortografía, puntuación ou concordancia sintáctica. Ou por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. Na primeira oportunidade de avaliación, será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta" ou exame relativo á parte teórica da materia. Os alumnos pendentes só desta materia para graduarse e que se presenten á convocatoria adiantada (en decembro) deberán axustarse ás normas que rexen para a 2º oportunidade (a de xullo). Repetidores ou alumnos con exención de asistencia, por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co  docente ao inicio do curso -e non máis tarde- para a organización da súa docencia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes