Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Lingua e Cultura Clásica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital.
Lecturas Lectura por conta do estudante de material específico relativo á cultura clásica e á súa pervivencia seguindo as instrucións proporcionadas polo profesor. O alumno terá que explicar na aula, en exposición pública, algún aspecto do texto ou do tema que lle fose asignado previamente polo profesor.
Análise de fontes documentais Exercicios de lectura, comprensión, análise e comentario lingüístico e de contido de textos latinos, poñéndoos en relación, cando sexa oportuno, coas linguas modernas, así como coa cultura e a civilización actuales. A aprendizaxe da lingua e da cultura clásicas serán simultáneas, explicándose esta última tamén a través da lectura e comentario dos textos latinos.
Proba obxectiva Unha vez rematado o período de clases, os estudantes farán un exercicio sobre as cuestións desenvolvidas na totalidade do temario. A proba terá fundamentalmente carácter práctico e estará orientada a comprobar o grado de coñecemento e de dominio da materia polo alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes