Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Lingua e Cultura Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A13 B8 O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor. 10
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 B5 B7 C3 As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Para obter a puntuación deste apartado o alumno non poderá acumular mais dun trinta por cento de faltas de asistencia a clase, que serán controladas mediante sinatura diaria. A nota deste apartado obterase pola participación activa na aula así como por eventuales controles periódicos de contidos. 40
Proba obxectiva A23 B1 B6 Proba escrita individual de carácter práctico que se efectuará unha vez rematado o período de clases. Constará de dúas partes: a primeira conterá exercicios sobre cuestións básicas de morfoloxía e de sintaxe latinas e dará lugar ó corenta por cento da nota deste apartado; a segunda parte, que aportará o sesenta por cento restante, consistirá na explicación da lingua e do contido dun ou de varios textos latinos propostos polo profesor. Este especificará se o alumno debe ou non efectuar a tradución do texto ó galego ou ó castelán. En ningún caso recibirá puntuación unha resposta que non se ateña estrictamente á pregunta realizada. Non será posible superar a materia se na parte relativa a morfoloxía e sintaxe latina non se acada un mínimo de cinco puntos sobre dez. Unha vez acadada esta puntuación sumarase a puntuación que lle corresponde á explicación dos textos latinos, así como a do apartado de lecturas e de análise de fontes documentais. 50
 
Observacións avaliación
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo o exercicio de lecturas e a proba obxectiva coas mesmas condicións e porcentaxes ca na oportunidade de xuño. Para o corenta por cento restante da nota -é decir, para a parte de 'análise de fontes documentais'- disporán dun apartado específico relacionado coa materia explicada na aula. Para esta parte o profesor propoñerá preferentemente exercicios prácticos do mesmo tipo e de similar dificultade ca os realizados na actividade docente diaria. Os exercicios de análise sintáctica, no seu caso, deben consistir nunha explicación razonada, e ben redactada, por parte do alumno. Non estará permitido o emprego de abreviaturas nin de suliñados debaixo do texto latino analizado. O mesmo principio é válido para aqueles casos en que sexa necesario efectuar a traducción dun texto latino ó galego ou ó castelán.
De non realizar a proba obxectiva prevista o estudante será cualificado como Non Presentado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes