Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Literatura Inglesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 Haberá un exame final no que o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados nas clases de D.E. (grupo grande) e as destrezas prácticas traballadas en todas as clases, especialmente nos grupos de D.I. (grupos medianos) e de T.G.R. (grupos pequenos). O exame terá dúas partes (con igual peso na nota global da proba): I) preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, etc); II) redacción ben estructurada dunha análise e/ou interpretación dun texto (da lista de lecturas) segundo as directrices estudadas ao longo do cuatrimestre.
Non se pode aprobar a materia ser obter un mínimo de 4 sobre 10 neste exame (nunca menos dun 1,75 sobre 5 en cada unha das dúas partes). Se non se chega a estes mínimos nesta proba, non se lle sumará á nota do exame ningunha outra nota obtida no resto de apartados avaliables.
50
Discusión dirixida A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 A asistencia colaborativa ás clases contará ata un 5%. Adicionalmente, o profesorado valorará o compromiso diario de cada estudante coa súa aprendizaxe ata un 15%. Para esto, terase en conta a contribución activa e o rendimento de cada estudante nos exercicios individuais e/ou en grupo, orais e/ou escritos, e a atención prestada ás explicacións por parte do profesorado e do resto do alumnado. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 Traballos escritos de dificultade diversa, feitos na clase, nos que o alumnado debe demostrar, principalmente, a súa capacidade de interpretación literaria e análise textual, así como de redacción argumentativa en inglés. 30
 
Observacións avaliación
<ul>
  • Obterase unha calificación de "non presentado" por
    non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente
    unha porcentaxe inferior ao 50%.
  • A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous
    apartados:
  • </ul><blockquote><p>1) unha proba escrita ou exame final (co mesmo deseño e
    aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) que avaliará o
    dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota;</p><p>2) a(s) actividade(s) escritas que se especifique(n) no caso
    de cada estudante, que se deberá(n) entregar, como moi tarde, ao comezo do exame
    final, e que contará(n) o outro 50% da nota. Por exemplo, o alumnado que deba
    recuperar este segundo apartado ao completo deberá entregar un traballo
    individual e persoal de interpretación literaria e análise textual de 5-6 páxs.
    sobre o tema que se especificar no seu momento.</p></blockquote><ul>
  • O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida
    unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
    principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a
    oportunidade de xullo.
  • O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de
    decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de
    xullo.
  • O plaxio en calquera actividade significará a cualificación
    de "cero" nesta actividade.
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en
    tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos
    mesmos.
  • </ul>
    Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes