Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Lingua Española 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 Exercicios prácticos ou probas sobre algún aspecto concreto do temario. 10
Proba mixta A5 A10 A11 A15 A21 A23 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C6 Examen final no que se mostrarán os coñecementos e competencias adquiridos, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. 50
Traballos tutelados A5 A10 A11 A14 A15 A21 A23 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C6 Un traballo en grupo no que se poñerán en práctica os coñecementos e competencias adquiridos.
40
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10. 

2. Na realización das actividades avaliables ao longo do curso e na dos exames será imprescindible seguir as normas proporcionadas no seu momento. 

3. No caso dos exercicios e traballos, ademais, deben terse presentes as seguintes indicacións: 
– o alumno deberá axustarse ao prazo de entrega fixado; 
– evidentemente, o plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, supoñerá o suspenso automático da actividade avaliada. 
– o estudante comprometerase a gardar unha copia do traballo que entrega.

4. Para aprobar a materia será preciso mostrar un correcto dominio do español (ortografía, acentuación, puntuación, expresión, etc.). Cada falta de ortografía ou
de puntuación descontará 0,5 puntos da nota do exame, traballo ou exercicio. En caso de faltas moi graves, 1 punto. 

5. Cualificarase como "non presentado", na primeira edición de actas (mes de xaneiro), a quen non se presente ao exame oficial. 

6. Na segunda edición de actas (mes de xullo) o alumno poderá recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos, coas mesmas porcentaxes que na edición anterior. En caso de que non realice ningunha proba, será cualificado como "non presentado". 
 
7. A materia poderá ser adaptada a estudantes con minusvalideces e aos que non teñan un nivel de español similar ao nativo.

Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia
Serán avaliados cun examen (50%) mais un traballo tutelado individual (50%)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes