Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Lingua Galega 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Instrumento de avaliación dos contidos focados nas "Sesións Maxistrais" (vid).
Traballos tutelados Actividade integrada no desenvolvemento dos "Seminarios" (vid) destinada a fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa entre o alumnado.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de conteúdos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
A avaliación será feita a través dunha "Proba Mixta" consistente na realización dunha proba destinada a avaliar a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles conteúdos teóricos expostos polo profesorado durante esas sesións na sala de aulas. Esta proba estará focada preferentemente para a realización de ensaios teóricos (desenvolvemento de temas ou comentarios) ou para análises específicas de textos escritos ou de calquera outro material utilizado ao longo das sesións presenciais.
Presentación oral O "Traballo Tutelado" será acompañado e presentado nos "Seminarios" necesarios ao efecto (véxanse os ítems marcados entre aspas).
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Recensión bilbiográfica Derivada da "Lectura" contemplada no estrutura dos "Seminarios" realizados ao longo do curso académico (vid termos entre aspas). Como todos os materiais será disponibilizada para o conxunto da turma através da plataforma moodle.
Seminario Ao longo dos "Seminarios" (grupos reducidos) será realizado o acompañamento dos labores propios da materia.

Serán atendidas especificamente as seguintes cuestións:

1) Un TRABALLO TUTELADO elaborado utilizandando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", do cal se deriva tamén a correspondente "Presentación Oral".
Este traballo consiste nunha actividade en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo dun discurso en lingua galega de acordo cos parámetros e os modelos fornecidos polo profesorado na sala de aulas.
O procedemento para a realización deste traballo consiste en:
- selección dun discurso público (oral en formato audiovisual) para a súa análise de acordo cos parámetros teóricos fornecidos polo docente,
- elaboración dun roteiro específico e unha memoria da actividade,
- acompañamento periódico por parte do docente dos labores relacionados coa actividade, quer na sala de aulas, quer no atendemento personalizado,
- preparación de materiais para a presentación de resultados,
- exposición na sala de aulas, e
- disponibilización para o conxunto do alumnado a través da plataforma moodle.

2) Unha LECTURA seleccionada entre unha listaxe fornecida polo profesorado e a correspondente "Recensión bibliográfica" individual, realizada de acordo cos modelos e os parámetros fornecidos polo docente, e que despois deberá ser disponibilizada para o conxunto do grupo a través do moodle.

3) Cada alumno/a deberá apresentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do Traballo Tutelado realizado. Durante esa presentación oral, o alumnado deberá utilizar os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos conteúdos, destrezas e competencias abordados durante o curso.
Lecturas Tarefa integrada nos traballos propios dos "Seminarios" (vid).
Obradoiro Durante as sesións aquí identificadas como "Obradoiros" (grupos medios), o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos conteúdos apresentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas coa expresión oral e escrita que fan parte dos obxectivos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e, sobre todo, estudos de caso.
Estudo de casos Integrados no desenvolvemento tanto dos "Seminarios" como dos "Obradoiros" (vid).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes