Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Lingua Galega 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A4 A9 Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba mixta e os conteúdos apresentados e estudados nas sesións maxistrais. 40
Traballos tutelados A10 A11 A15 B3 B6 B7 B8 Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nos "seminarios" destinados ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". 15
Presentación oral A4 A9 B4 C1 Será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, o traballo en equipa e a utilidade da apresentación para os propósitos da materia. 5
Recensión bilbiográfica A2 A9 A10 A11 A14 B1 B5 B6 B9 C1 C6 Será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de conteúdos e a adecuación de forma e fondo. 10
Estudo de casos A2 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B7 B8 B10 Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 30
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás sesións de atendemento, deberá porse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se apresentar á probas mixta ou que non apresentar ningunha das actividade contempladas na avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes