Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Técnicas de Tradución
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B2 B6 C3 O 25% correspondente a inglés consistirá en:

1. Unha tradución individual do inglés ao español (10%)
2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas) do español ao inglés (10%)
3. Este traballo en grupo terá que ser exposto oralmente na aula (5%)
________________________________

O 12,5% correspondente a español consistirá en:

Exercicios e actividades de tradución inglés-español realizados na aula, individuais e en grupo, supervisados polo profesorado, que indicará en cada caso o peso que teñen dentro desta porcentaxe da nota.
________________________________

O 12,5% correspondente a galego consistirá en:

Unha actividade individual de tradución que será indicada e supervisada polo profesorado.
50
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A12 O exame terá tres partes: unha tradución ao inglés (25%), unha tradución ao galego (12,5%) e unha tradución ao español (12,5%). Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas partes para aprobar o exame. 50
 
Observacións avaliación

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades e o suspenso da materia.

-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula será valorada polo profesorado. 

-Na
oportunidade de xullo realizarase a proba mixta, correspondente ao 50%
da cualificación. Tamén se deberán entregar as actividades
correspondentes (50%).

- Na oportunidade de
xullo recuperaranse as traducións da parte de inglés correspondentes ao
traballo individual e en grupo mediante actividades equivalentes que
haberá que entregar ao profesorado correspondente antes da data do exame
oficial.

- Na oportunidade de xullo
recuperaranse as traducións e exercicios da parte de español non
superadas mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da
plataforma Moodle.

-Os/As alumnos/as que non
se presenten á proba mixta de xuño ou xullo acadarán a cualificación de
NP, se non entregaron máis do 50% das actividades durante o curso.

-Os/as
estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a
dispensa académica deberán poñerse en contacto cos profesores o antes
posible para determinar as formas de avaliación en cada parte. 

-O
alumnado con discapacidade poderá pedir asesoramento ao profesorado e á
Unidade de Atención á Diversidade (ADI): www.udc.es/cufie/uadi (ext. 5622; email: adi@udc.es).  

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes