Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Lingua Inglesa 4
   Contidos
Temas Subtemas
-ESCRIBIR:
Como escribir tanto un ensaio argumentativo coma un ensaio de investigación en estilo MLA
Que é o estilo de escritura MLA? Estilo e rexistro; linguaxe formal e informal; connotación e denotación; post-estruturalismo e oposición binaria; puntuación; parágrafo; conectores; o ensaio (e.g. o argumentativo e o de investigación); título; introdución; (hipó)tesis vs. tema; corpo; conclusión; fontes de información (web e imprimidas); lista de obras citadas; as citas no corpo do texto; plaxio; notas ao pé e ao final
-LER: Como facer exercicios de comprensión lectora Que é o pensamento crítico? Diferentes niveis de comprensión dun texto; gramática; vocabulario; estrutura; figuras retóricas; historia e trama; temas; caracterización; inferencia; dedución; análise; alcance e repercusión; significado e interpretación; conclusións; etc.
-FALAR: Como falar en público; como facer unha presentación oral; como participar nun debate; como comportarse nunha entrevista de traballo Tipos de discursos; consellos para loitar contra o medo escénico; uso de pausas, entoación e ritmo na oralidade; linguaxe corporal; cohesión e coherencia; convencer e persuadir; etc.

Contidos léxicos: ampliación do vocabulario, con especial atención a xiros e frases feitas. Temas: diversidade cultural; dereitos humanos; medioambiente; artes plásticas e escénicas; cinema, música e literatura; deporte e saúde.
-GRAMÁTICA: Repaso e consolidación de estruturas gramaticais importantes.



Contidos gramaticales: 1. Repaso e consolidación das distintas categorías: verbos (modal verbs, multi-word verbs, etc.); substantivos, pronombres, artigos e determinantes; adxectivos e adverbios; preposicións e conxuncións. 2. Estruturas gramaticales: voz pasiva; estilo indirecto; oracións condicionais; estruturas de relativo; subordinadas adverbiais; etc.
-ESCOITAR: Gravacións audiovisuais en torno á gramática e as entrevistas de traballo
Os exercicios auditivos estarán relacionados coa gramática vista en clase. Os/ás estudantes tamén traballaredes con entrevistas de traballo e practicaredes para a proba audio-oral.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes