Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Literatura e Cultura
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O docente explicará na aula os contidos principais da materia. Inclúense dúas sesións máis sobre a orientación teórica do método chamado "estudo de caso", que servirán como introdución á práctica comparatista.
Presentación oral Os alumnos presentarán na aula os traballos realizados
Estudo de casos Para aplicar á práctica o estudo comparado da cultura e a literatura, se centrarán os estudantes en analizar casos reais e ficticios de fenómenos ou sucesos concretos. Para o estudo de caso acudirán a todo tipo de documentación e ferramentas de análise.
Proba mixta Proba final escrita que constará dunha serie de respostas a determinadas cuestións teóricas e dun apartado onde o estudante exporá ou resolverá casos prácticos concretos
Obradoiro Aplicarase aos traballos de investigación a metodoloxía comparatista Literatura-Cultura da memoria
Para o estudo de caso, algunhas das clases prácticas serán levadas a cabo na Coruña e arredores, nos "lugares da memoria" relacionados con Santiago Casares Quiroga. Comunicarase ao decanato o programa de saídas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes