Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Historia e Cultura de Galicia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consiste nun traballo individual por conta do aluno relacionado con algún tema do programa, realizado a partir da consulta de bibliografía e/ou fontes documentais e orientado conforme a pautas dadas polo profesor. Poderá ser exposto na aula.
Recensión bilbiográfica Reseña dun libro ou artigo indicado polo profesor.
Lecturas Lectura a cargo do aluno de monografias e máis material bibliográfico seleccionado e recomendado polo profesor. Tais lecturas estarán relacionadas preferencialmente coa materia do temario.
Análise de fontes documentais consulta por parte do aluno de fontes históricas de base documental coa finalidade de o iniciar no manexo das mesmas.
Proba obxectiva Consiste nunha proba escrita sobre os contidos estudados no curso.
Aprendizaxe colaborativa Debate en grupo sobre cuestións colocadas polo profesor. Non precisa de leitura previa de materiais en horas non presenciais. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo ou dialogando con ele segundo cronograma previamente combinado.
Sesión maxistral Exposición por conta do profesor de cuestións basilares relacionadas co temario.
Discusión dirixida Debate na aula na base de materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo aluno en horas non presenciais. O profesor orientará o debate. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo ou dialogando con ele segundo cronograma previamente combinado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes