Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Créditos de libre elección
  Historia e Cultura de Galicia
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Discusión dirixida
Proba obxectiva
Descrición
Nos traballos tutelados, o profesor informará sobre a metodoloxía a empregar, dará unha orientación bibliográfica xeral que será completada polo aluno a través dun traballo de prospección, e fará un seguimento do traballo. A tal fin, marcará un cronograma de comparecencias periódicas do aluno para ser cumprido obrigatoriamente por este.

Na proba obxectiva, o profesor deberá resolver as dúbidas que poda levantar a formulación das perguntas e, en xeral, esclarecer calquera cuestión relativa à materia obxecto de exame. Tamén deberá aclarar a modalidade de exame a realizar e a correspondente valorización das perguntas.

No caso da discusión dirixida, haberá que seleccionar o tema a debate. Os alunos deberán preparalo a partir da bibliografía recomendada e caberá ao profesor fixar as pautas metodolóxicas precisas para encaminhar a discusión.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes